Xa temos gañadores/as na XI edición do cuncurso de fotografía creativa. Noraboa a Indira e Elizabeth (de 5º e 4º de primaria), a Aldara (de 3º primaria) e a Pedro Gómez de 2º.
Grazas familias pola vosa participación
.
Xa temos gañadores/as na XI edición do cuncurso de fotografía creativa. Noraboa a Indira e Elizabeth (de 5º e 4º de primaria), a Aldara (de 3º primaria) e a Pedro Gómez de 2º.
Grazas familias pola vosa participación
Un ano máis temos a sorte de publicar o noso Faro da Escola, con este xa levamos 8 anos publicando as nosas noticias.
O Faro da Escola para o noso cole é moito maís que un periódico, é un medio onde poder expresar e compartir as nosas experiencias, inquedanzas, opinións....
Moitas grazas ao Faro de Vigo por promover esta iniciativa tan enriquecedora e gratificante.
Preme na imaxe se queres ler o xornal
O martes 16 de maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, a escola de Chans realizou as "Andainas por Bembrive". Todas as aulas foron dende a escola ata o Torreiro de Bembrive por diferentes roteiros. Alí xuntámonos todos e todas para merendar e festexar o día das nosas letras cun pequeno acto público en homenaxe ao escritor
Francisco Fernández del Riego.
Programa:
Aí vén o Maio... do alumnado de 3º B
Nenos e nenas de Chans
Prestade moita atención.
O noso maio os
presentamos
Mirádeo, mola un
montón.
Mirádeo, mola un
montón.
aquí chega o noso maio
de moitas flores
cuberto
que fixemos con moito amor.
Que fixemos con moito amor.
neste mes tan bonito
Da primavera que xa chegou
Aos nosos floridos xardíns.
Aos nosos floridos xardíns.
A primavera chegou
E agora ímonos a xantar
Que xa é hora de
merendar.
A 60 edición da celebración do Día das letras galegas rendirá homenaxe á figura de Francisco Fernández del Riego.
Podedes achegarvos a unha grande variedade de recursos premendo na imaxe:
O día 25 de abril o alumnado de 6º gozou dun día de convivencia cos nenos e nenas do CEIP Santa Mariña, o CEIP Carballal Cabral e o CEIP de Candeán, os centros adscritos ao IES Carlos Casares. Foi unha xornada moi completa con xogos cooperativos, roteiro pola senda do Eifonso e xantar na alameda de Bembrive.
Na semana do libro pódese visitar na biblioteca a exposición “O libro, o mellor invento do mundo”, realizada coa axuda do alumnado de 3ºB e o alumnado colaborador da biblioteca. Un percorrido pola evolución do libro, dende as táboas de arxila ata o “e-reader”.