LETRAS GALEGAS

miércoles, 26 de abril de 2023

Xornada de convivencia cos alumnado dos centros adscritos ao IES Carlos Casares

O día 25 de abril o alumnado de 6º gozou dun día de convivencia cos nenos e nenas do CEIP Santa Mariña, o CEIP Carballal Cabral e o CEIP de Candeán, os centros adscritos ao IES Carlos Casares. Foi unha xornada moi completa con xogos cooperativos, roteiro pola senda do Eifonso e xantar na alameda de Bembrive.



lunes, 17 de abril de 2023

O mellor invento, o libro

Na semana do libro pódese visitar na biblioteca a exposición “O libro, o mellor invento do mundo”, realizada coa axuda do alumnado de 3ºB e o alumnado colaborador da biblioteca. Un percorrido pola evolución do libro, dende as táboas de arxila ata o “e-reader”.