A lingua materna, aquela en que os nenos aprenden a falar, é, como dixo o poeta, “a chave coa que abrimos o mundo”. A realidade circundante chega aos meniños enchoupada do idioma da casa e este, pola súa vez, do cariño e da calor familiares. En xusta correspondencia, os falantes dun idioma devolveranlle a este o amor que transmitiu en forma de fidelidade e identificación con el. Por iso a lingua primeira axuda a configurar, dende o afecto, a propia visión do mundo, ao tempo que a identidade individual e colectiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario