A serie de televisión Os Bolechas arrinca con oito capítulos de seis minutos de duración que serán emitidos tres veces ao día a través da segunda canle da TVG, no marco do espazo infantil Xabarín Club.
Os Bolechas, galegofalantes, son un referente para os cativos e cativas de Galicia, un modelo divertido que permite asociar a lingua galega a elementos positivos. Despois do éxito acadado coas súas historias en papel, debuxadas e escritas polo xenial Pepe Carreiro, entran nos fogares galegos tamén pola porta da televisión. Que o pasedes ben con eles!
Encántanme os Bolechaaaaaas! Xa era hora de que os animasen un pouco!
ResponderEliminar