As novas de Chans. TV Chans

As novas de Chans. TV Chans
vídeos festivais, publicacións xornal escolar

miércoles, 17 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS 2017:CARLOS CASARES

O día das letras galegas está dedicado no 2017 a Carlos Casares.Narrador, ensaísta, articulista de prensa, editor e dinamizador cultural, Carlos Casares Mouriño (Ourense, 1941-Vigo, 2002) é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da literatura galega das últimas décadas do século XX. Prosista en distintos xéneros, o humor e a sinxeleza e a claridade no tratamento dos temas que lle afectan ao mundo actual constitúen os trazos máis característicos do seu estilo narrativo e ensaístico, que lle reportou un gran recoñecemento do público e da crítica.
 Recursos educativos da fundación Carlos Casares









Agradecemos ao alumnado do IES Carlos Casares de Vigo que visitaron a nosa escola con actividades que nos axudaron a descubrir a vida e a obra de este gran persoeiro



Podedes gozar deste poema de Carlos Casares "Amemos" interpretado por Gelria, o trío galego-catalán.

CON OLLOS DE ARTISTA

Noraboa a todoas a s familias que enviastedes as vosas fotos tomadas "Con ollos de artista" . Parabéns a Angel e Tomás por saber captar a maxia de eses instantes.

martes, 2 de mayo de 2017

DIA DO LIBRO 2017 :CITA A CEGAS CUN LIBRO

O luns 24 de abril, o alumnado e profesorado de Chans tivemos unha cita a cegas cun libro. Hai libros que están moi sós nos andeis das bibliotecas porque ninguén os quere ler ao xa que non resultan atractivos á vista. As veces xulgamos ás cousas (e as persoas) pola súa apariencia externe. Envolvimos os libros para a ocasión, enchemos un pequeno formularuio cuns datos sobre o mesmo e os intercambiamos.

jueves, 9 de marzo de 2017

CON OLLOS DE MULLER: 8 MARZO

Para commemorar o Dia Internacional da Muller, os nenos e nenas do CEIP de Chans Bembrive descubrimos disferentes manifestacións artísticas  a través dos ollos de  quince mulleres galegas.
Ademáis tamen poderás descubrir as manifestacións artísticas de cen mulleres galegas

RECURSOS CON ARTE

Na web temos moitos recursos que nos axudan a achegarnos á vda e a obra dos nosos pintores. Neste Symbaloo con  moita Arte
Recursos con arte

lunes, 9 de enero de 2017

A COR DO NADAL

A cor do Nadal é  a cor da solidariedade e alegría. Aquí tendes un vídeo resumo das actuacións do Festival de Nadal celebardo o 21 de decembro de 2016.  Grazas nenos e nenas por encher de luz e cor estas festas

martes, 27 de diciembre de 2016

ALMANAQUE 2017: UN ANO DE CORES

https://drive.google.com/file/d/0B_V0-BEziMcfdlBsMVdkQ29CWk0/view?usp=sharing
O ano 2017 vai ser o ano de cores luminosas do cole Chans  que encherán a nosa escola e as nosas vidas  de enerxía e positividade.
Almanaque 2017

miércoles, 14 de diciembre de 2016

AGALLASÁLLAME UNHA PALABRA

Como en Nadal a lista de agasallos se multiplican, o Trasno preséntavos unha nova proposta: Agasállame unha palabra!. Como sabedes este curso estamos metido xa de cheo nun novo proxecto chamando "Con ollos de Artista" co que pretendemos achegarnos ao mundo das artes e descubrir o artista que todos levamos dentro. Cada semana unha letra chegará a túa clase e  o que tendes que facer é buscar unha palabra que comece por esa letra (que teña relación co mundo do arte) , definila e facer un debuxo. Podedes pedirlle ás vosas familias que colaboren con vos. Xa veredes cantas novas palabras coñecederes. Animádevos a participar!!

viernes, 11 de noviembre de 2016

MAGOSTO EN CHANS 2016

 MAGOSTO EN CHANS 2016
O venres 11 de novembro, celebramos a festa do Magosto no cole: xogos populares, castañas asadas e chourizo con pan para todos e todas

http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d76935819k8042334o1l1/magosto-en-chans-2016

domingo, 6 de noviembre de 2016

FROITOS E FROITAS DO OUTONO

https://drive.google.com/file/d/0B6RVQUlqQKxBNFo0Z1dtV2JIcm8/view?usp=sharing
Coa  chegada do Outono  o vestibulo de Chans énchese de froitos e froitas de moitas cores e sabores.Podedes achegarvos a escola para visitar a exposición. Froitos de Outono