LETRAS GALEGAS


vídeos festivais, publicacións xornal escolar

miércoles, 17 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS 2017:CARLOS CASARES

O día das letras galegas está dedicado no 2017 a Carlos Casares.Narrador, ensaísta, articulista de prensa, editor e dinamizador cultural, Carlos Casares Mouriño (Ourense, 1941-Vigo, 2002) é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da literatura galega das últimas décadas do século XX. Prosista en distintos xéneros, o humor e a sinxeleza e a claridade no tratamento dos temas que lle afectan ao mundo actual constitúen os trazos máis característicos do seu estilo narrativo e ensaístico, que lle reportou un gran recoñecemento do público e da crítica.
 Recursos educativos da fundación Carlos Casares









Agradecemos ao alumnado do IES Carlos Casares de Vigo que visitaron a nosa escola con actividades que nos axudaron a descubrir a vida e a obra de este gran persoeiro



Podedes gozar deste poema de Carlos Casares "Amemos" interpretado por Gelria, o trío galego-catalán.

CON OLLOS DE ARTISTA

Noraboa a todoas a s familias que enviastedes as vosas fotos tomadas "Con ollos de artista" . Parabéns a Angel e Tomás por saber captar a maxia de eses instantes.

martes, 2 de mayo de 2017

DIA DO LIBRO 2017 :CITA A CEGAS CUN LIBRO

O luns 24 de abril, o alumnado e profesorado de Chans tivemos unha cita a cegas cun libro. Hai libros que están moi sós nos andeis das bibliotecas porque ninguén os quere ler ao xa que non resultan atractivos á vista. As veces xulgamos ás cousas (e as persoas) pola súa apariencia externe. Envolvimos os libros para a ocasión, enchemos un pequeno formularuio cuns datos sobre o mesmo e os intercambiamos.