LETRAS GALEGAS


vídeos festivais, publicacións xornal escolar

jueves, 18 de mayo de 2023

Andainas- Letras Galegas

 O martes 16 de maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, a escola de Chans realizou as "Andainas por Bembrive". Todas as aulas foron dende a escola ata o Torreiro de Bembrive por diferentes roteiros. Alí xuntámonos todos e todas  para merendar e festexar o día das nosas letras cun pequeno acto público en homenaxe ao escritor 

Francisco Fernández del Riego.

Programa:



Así festexamos as letras galegas: cantando, bailando recordando a importancia que ten a lingua para nós!




lunes, 15 de mayo de 2023

Maios 2023

 Aí vén o Maio... do alumnado de 3º B


Nenos e nenas de Chans

Prestade moita atención.

O  noso maio os presentamos

Mirádeo,  mola un montón.

  

Mirádeo,  mola un montón.

aquí chega o noso maio

de  moitas flores cuberto

que fixemos con moito amor.

 

Que fixemos con moito amor.

neste mes tan bonito

Da primavera que xa chegou

Aos nosos floridos xardíns.

  

Aos nosos floridos xardíns.

A primavera chegou

E agora ímonos  a  xantar

Que xa é  hora de merendar.

   











martes, 9 de mayo de 2023

Letras Galegas 2023

 A 60 edición da celebración do Día das letras galegas rendirá homenaxe á figura de Francisco Fernández del Riego. 

Podedes achegarvos a unha grande variedade de recursos premendo na imaxe:




domingo, 7 de mayo de 2023

Biografía Francisco Fernández del Riego

Biografía de Francisco Fernández del Riego contada 
polo alumnado de 2ºA





sábado, 6 de mayo de 2023

Palabras fermosas para non esquecer

 Para demostar a riqueza que temos na nosa lingua, deixámosvos un exemplo de "palabras fermosas para non esquecer" escollidas por vós, as familias que quixéstedes participar. Moitas grazas por valorar e sentir que o galego é fermoso. Falemos, respectemos, coidemos e defendamos a lingua galega!! 
Premede na imaxe: