LETRAS GALEGAS


vídeos festivais, publicacións xornal escolar

jueves, 27 de mayo de 2021

Co X de Xela

Nestas Letras Galegas traballamos sobre Xela Arias, unha das voces máis singulares da poesía galega contemporánea. 

Neste ano o mundo escríbese con X, letra tan singular na nosa lingua. Aquí vai o noso traballo:







Recordamos neste vídeo o seu poema Darío a diario musicado por A Banda da loba.
Aquí vai o poema:

DARÍO A DIARIO
Darío a diario.
Invasión que se me convén fantástica.
Invasión sen ocasión.
Invadíuseme a vida de cueiros e biberóns,
de roupiñas pequenas e xoguetes de colores,
de risas, choros,agarimos,agarimos.
Darío a diario.
A túa man ocupa un cuarto da miña xigante,
por iso detesto un pouco tantas palabras.
Todas para ti, ¡son a raíña parlante!,
¡emperatriz de sons guturais en diante!

Arias, Xela, (1996), Darío a Diario



miércoles, 5 de mayo de 2021

Letras Galegas 2021

 

Letras Galegas 2021 Xela escríbese con X


 



Este ano O Día das Letras Galegas está adicado a Xela Arias Castaño ( Sarria , Lugo 1962 – Vigo, Pontevedra 2003 ) foi escritora, poetisa , tradutora  , editora e profesora de galego ligada á editorial Edicións Xerais de Galicia.


Lecturas de Xela Arias

Neste documento presentamos a súa vida e obras e unha proposta de diferentes textos para ler na clase co alunmado.

Xela Arias e as súas obras.   


UNIDADES DIDÁCTICAS DO SEMINARIO GALÁN


Unidades didácticas de infantil

Unidades didácticas de primaria




      Mans para facer praias.     


ACTIVIDADES INTERACTIVAS.

DESCUBRE O QUE SABES SOBRE XELA ARIAS. 

Actividades interactivas. Primavera das letras


Xela Arias Genially.


OS SEGREDOS DE XELA.

Sala de fuga.


XELA ARIAS A TRADUCCIÓN.

Questionario genially.


XELA ARIAS EDUCACIÓN INFANTIL.

Questionario genially.


Os homes de manteiga.

Actividade sobre contos genially.


  




TELEXORNAL SOBRE XELA ARIAS.



BRINCADEIRAS DA LINGUA.

Para os máis pequenos, para xogar coas mans.