LETRAS GALEGAS


vídeos festivais, publicacións xornal escolar

martes, 23 de junio de 2020

Radio Chans

Aquí estamos de novo Alba, Carme, Carmen, Hugo, Martiño e Xan de 6º de primaria, para dar paso á entrevista da formación musical feminina das Áureas; un conxunto musical feminino  que interpretan os ritmos bailables de moda de comezos do século pasado. Gozamos deste grupo no noso cole o día 10 de marzo, para celebrar o día internacional da Muller,  pouco antes de que empezara o confinamento.

Unha estupenda entrevista que serve para dar por finalizada a breve edición de Radio Chans deste curioso curso.


As Áureas en concerto no cole Chans:

Felices vacacións! Vémonos á volta!



Radio Chans

Alba, Carme, Carmen, Hugo, Martiño e Xan de 6º de primaria prepararon un programa moi especial de Radio Chans para despedirse do centro, xa que terminan etapa e o próximo curso marchan para o instituto. Aquí vos queda o enlace para escoitalos.



Non vos olvidedes do colexio Chans, seguirá sendo a vosa casa para o que necesitedes, tedes as súas portas abertas para sempre.



jueves, 18 de junio de 2020

Artistas de Chans 4

E aquí estamos coa última entrega dos Artistas de Chans por este curso..

Elián de 4º tocando a batería. Un verdadeiro profesional.


Carla de 5 anos e Aroa de 3º prepararon un baile "galego"




Clara e Javier de 2º cóntanos a historia de "As pitas baixo a choiva"



Carla de 3º canta a canción "Cando isto remate", escrito e cantada por ela!!



Andrea de 5º fainos un truco de maxia:





miércoles, 17 de junio de 2020

Artistas de Chans 3

Estamos coa 3º entrega de Artistas de Chans. O Trasno segue abraiado coas achegas que chegan á súa caixa de correos....

Nico Solleiro de 4º fainos esta reflexión...




Hugo Cuadrado de 3º B recita a famosa poesía de Rosalía "Adiós ríos, adiós fontes."



Paula Rodríguez de 6º envíanos un baile coa canción que fai que resistamos o confinamento



Iago Blanco de 3º B toca o himno do noso Celtiña:
Hala Celta!!


Seguide pemdemte, mañá publicaremos máis!!!

martes, 16 de junio de 2020

Artistas de Chans 2

Aquí vai unha segunda entrega de Artistas de Chans, igual de artistas que os anteriores💓.

Os nos@s artistas son:
Zoe Lorenzo Martínez 4ºB
Isaac Lorenzo Martínez 2ºA
Ainara Madrid Pereira 6ºB
Coa colaboración da súa familia, tías e prima



O seguinte artista é Izan Alonso Cid de infantil 5 anos que me enviou este vídeo do Pirata Metepata.



David Comesaña Babarro de 4º contoume un conto dos Bolechas co título "A hixiene", moi adecuado para estos momentos onde temos que procurar sempre lavar moi ben as mans...


Aarón de 4º A quere ensinarnos o que fai cos patíns! Menudo artista!


lunes, 15 de junio de 2020

Artistas de Chans

Dende o blogue de dinamización queremos compartir os vídeos que lle mandaron @s artitas de Chans ao Trasno da biblioteca:


Ola amiguiños e amiguiñas!
Botaba moito de menos as vosas actuacións!!!Quedei abraiado por toda esta creatividade de Chans! Verdadeir@s artistas! Moitas grazas por compartir connosco as vosas actuacións.

Recibín varios vídeos, colgareinos durante toda esta semana por orde en que me foron chegando. Estade moi pendentes das próximas actuacións!!

O primeiro que chegou foi o de Uxío de 1º de primaria. Esto foi o que me escribiu:
Ola Trasno! Envío unha regueifa adicada a Carvalho Calero.



O seguinte vídeo foi o de Bruo de 1º. Esto foi o que me contou:
Ola Trasno!
Facemos achega deste vídeo que fixemos con moito agarimo e ilusión hai unhas semanas, cando o confinamento da Covid-19 dominaba as nosas vidas. Pensamos que é o mellor que podiamos partillar contigo coma resposta a túa petición.
Beixiños de Brúo e familia.



A seguinte entrega é de Carla de 3 aniños e Martina de 1º que nos cantan e bailan "A saia da Carolina"




E a última entrega de hoxe é de Hugo Pereira de 4ºB que nos toca unha preciosa peza co piano.





Moitas grazas 💓 a tod@s!




miércoles, 3 de junio de 2020

As pitas baixo a choiva



Os dous contos que vos compartimos hoxe son unha adaptación do conto "As pitas baixo a choiva" e escrito por Ricardo Carvalho Calero. Ilustrados polo alumnado de 3º e 4º.




https://www.youtube.com/watch?v=xWnIZj0N_8c

As ilustracións son do alumnado de 3º e narrado por 5ºB




As ilustracións son do alumnado de 4º e narrado por 5ºB