LETRAS GALEGAS


vídeos festivais, publicacións xornal escolar

martes, 7 de junio de 2016

ÚLTIMAS ACTUACCIÓNS DOS ARTISTAS DE CHANS

Este curso rematan as actuacións dos/as nosos/as incribles artistas, pero non vos preocupedes, o próximo curso teremos máis.
Para rematar fixemos unhas actuacións no patio de Infantil, adicadas especialmente a todo o alumnado de Educación Infantil.

Quique contounos o conto dos tres porquiños coa súa gran expresividade.



Tamén tivemos unha maga e un mago.
A nosa gran maga Ángela fixo aparecer e desaparecer un rato e un coello coa axuda da súa colaboradora Martina.

O mago Roi fixo un truco de cartas coa colaboración dos seus axudantes, Nathan e Xacobe. Non sabemos como, pero tiña unha carta que aparecía e desaparecía.

Por último, as nosas pequenas piratas repetiron o seu baile para todos os seus compañeiros e compañeiras de Infantil.

Moitas grazas a todos e todas os que participastes e tamén grazas ao público. Ide pensando a vosa actuación para o próximo curso. Estamos desexando ver de novo tanto talento.

HOMENAXE A MANUEL MARÍA

O día 19 de maio, dentro da nosa programación habitual da semana das Letras Galegas fixemos un acto no centro de Mosteiro. Aquí podedes ver as actuacións na homenaxe que quixemos facerlle a Manuel María.




QUINTA ENTREGA DE "ARTISTAS DE CHANS"

Gozade coas actuacións dos artistas máis pequenos da escola pero cun grande talento todos e todas.


Aquí tendes o baile de Noa e Ainhoa coa súa moderna versión de "bailaches Carolina"
Xoan, Roi e Xacobe cantáronnos "A saia da Carolina" 


Aquí temos a Lois, Nathan, Breixo e Dani que cantaron e bailaron o "rap da castaña".



Por último, Zoe, Edilawit e Carla, as piratas de Infantil, cantaron así de ben!

NOVA ACTUACIÓN "ARTISTAS DE CHANS"

O pasado xoves 12 de maio tivemos novas actuacións en bibliochans.


Daniela e Carme coa súa creación en 3D da escola.
 Esta vez si que puidemos gozar co talento de Nerea cantando "O gato metido nun saco" acompañada da pandeireta.

Por último, Sara, Lara e Candela acompañadas por Ana, a mestra de Música, cantando o bonito que é vivir en Vigo.