LETRAS GALEGAS


vídeos festivais, publicacións xornal escolar

martes, 7 de junio de 2016

ÚLTIMAS ACTUACCIÓNS DOS ARTISTAS DE CHANS

Este curso rematan as actuacións dos/as nosos/as incribles artistas, pero non vos preocupedes, o próximo curso teremos máis.
Para rematar fixemos unhas actuacións no patio de Infantil, adicadas especialmente a todo o alumnado de Educación Infantil.

Quique contounos o conto dos tres porquiños coa súa gran expresividade.



Tamén tivemos unha maga e un mago.
A nosa gran maga Ángela fixo aparecer e desaparecer un rato e un coello coa axuda da súa colaboradora Martina.

O mago Roi fixo un truco de cartas coa colaboración dos seus axudantes, Nathan e Xacobe. Non sabemos como, pero tiña unha carta que aparecía e desaparecía.

Por último, as nosas pequenas piratas repetiron o seu baile para todos os seus compañeiros e compañeiras de Infantil.

Moitas grazas a todos e todas os que participastes e tamén grazas ao público. Ide pensando a vosa actuación para o próximo curso. Estamos desexando ver de novo tanto talento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario