LETRAS GALEGAS


vídeos festivais, publicacións xornal escolar

viernes, 24 de mayo de 2013

CORRELINGUA. O GALEGO, A CHAVE DO MUNDO

Os nenos e nenas do 1º, 2º e 3º ciclo participaron no Correlingua deste ano para defender a nosa lingua, camiñaron dende o Concello ata o parque de Castrelos e pasárono xenial!!


lunes, 20 de mayo de 2013

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

O xoves 16 de maio celebramos na escola o Festival das Letras galegas 2013 para homenaxear ao dramaturgo compostelán Roberto Vidal Bolaño. Grazas a todos/as por deixar a vosa "Pinga" para que todo saíra así de ben!

sábado, 18 de mayo de 2013

ACUARIO DE CHANS

Visitástedes o acuario que fixeron os nenos e nenas de 6º na clase de ART? Podedes consular os nomes das diferentes especies no panel que hai na entrada da escola. Aparecen os nomes en galego, castelán e inglés!






DÍA DO LIBRO 2013

Quedou incríble a torre de libros que fixemos entre toda a escola polo día do Libro! Xa atopaches o teu?


miércoles, 1 de mayo de 2013

O GALEGO NOUTROS MUNDOS

Fixádevos o ben que o pasa o alumnado da escola que realizou nestes días unha busca do tesouro coa exposición cedida polo servizo de normalización do concello de Vigo "O galego noutros mundos". Unha interesante exposición que amosa a universalidade da nosa lingua, nela poderedes descubrir moitas curiosidades do galego e a súa utilidade noutros lugares do mundo.
Apurádevos!!, aínda estades a tempo de visitala, xa queda pouco!!, pronto marchará a outro centro!!

XOGOS POPULARES


Aquí tendes unha compilación moi completa de xogos populares organizada e clasificación a través de fichas descritivas, vídeos-demostración, ligazóns, etc. O traballo está coordinado polo mestre Antonio Ferrer Moreira (CEIP Campolongo – Pontevedra)  preme aquí

ROBERTO VIDAL BOLAÑO





Nesta páxina da coordinadora galega dos equipos de dinamización da lingua galega atoparedes multitude de actividades e recursos en liña sobre Roberto Vidal Bolaño





No seguinte enlace atoparedes moitas actividades Lim para infantil e primaria sobre a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño creadas polo Seminario Galán
preme aquí


Nesta páxina do CEIP "A nosa señora de Xuvencos" poderedes atopar actividades Lim sobre
o autor homenaxeado polas letras galegas este 2013



Está é a páxina oficial de Roberto Vidal Bolaño con moita información de interese sobre a súa vida e obra