LETRAS GALEGAS


vídeos festivais, publicacións xornal escolar

sábado, 22 de septiembre de 2012

FALAREDES

Aquí tendes un enlace co programa FALAREDES da Secretaría Xeral de Política Lingüística con moitas actividades de cine, música, arte... Entrade e descubride a ampla oferta de actividades que se levan a cabo mediante máis de 200 sesións en 100 localidades galegas!!
Picade en "enlace FALAREDES"




BENVIDOS E BENVIDAS AO NOVO CURSO

Xa estamos de volta das vacacións!!, con moitas gañas de aprender e con moitas novidades na nosa escola. Seguro que algunhas xa as coñecedes e outras moitas espéranvos ao longo deste curso!!
Estade ben atentos e atentas...

OS BOLECHAS NA TVG

A serie de televisión Os Bolechas arrinca con oito capítulos de seis minutos de duración que serán emitidos tres veces ao día a través da segunda canle da TVG, no marco do espazo infantil Xabarín Club.
Os Bolechas, galegofalantes, son un referente para os cativos e cativas de Galicia, un modelo divertido que permite asociar a lingua galega a elementos positivos. Despois do éxito acadado coas súas historias en papel, debuxadas e escritas polo xenial Pepe Carreiro, entran nos fogares galegos tamén pola porta da televisión. Que o pasedes ben con eles!