LETRAS GALEGAS


vídeos festivais, publicacións xornal escolar

martes, 29 de junio de 2021

Roteiros de Bembrive

  Como vén sendo costume, para celebrar as Letras Galegas e co obxectivo de achegar ao alumnado a contorna da escola realizamos as tradicionais andainas pola parroquia de Bembrive. Pincha na imaxe se queres achegarte á nosa contorna:



Faro da escola 2021

Presentamos aquí o Faro da Escola do Chans Bembrive por se a alguén non lle chegou á súa casa. Un traballo intenso e completo do que podemos estar moi orgullosos e orgullosas de todo o que se fai na nosa escola.  Pincha na imaxe se queres ler o xornal completo.


E despois do traballo vén a recompensa: o propio xornal impreso polo Faro da Vigo e ademais o 2º premio especial Xerais, 2º premio especial "vida saudable - Vegalsa" e 3º premio especial CSIC.





lunes, 28 de junio de 2021

3º-4º Reto Compartido

 E xa rematando o curso presentamos o 3º reto proposto polo CEIP Santa Mariña


O reto trata de dicir a palabra máis longa que se pode dicir en galego (verbo + pronomes) á vez que se xiran brazo e perna contrarios, e tamén en sentido oposto. Todo un reto!!!


Pois despois de ensaiar aquí temos o noso resultado:




Xa temos o último reto, toucoulles propoñelo ao CEIP Igrexa Candeán, podes velo premendo aquí


E sendo o último, podemos dicir :

  CONSEGUÍMOLOS!!!!

Aquí podedes ver o resultado:





Gustounos moito a experiencia e sobre todo coñecer aos nosos/as futuros/as compañeiros/as!!!

Feliz verán!! Vémonos en setembro!