LETRAS GALEGAS


vídeos festivais, publicacións xornal escolar

viernes, 6 de mayo de 2016

TERCEIRA ENTREGA "ARTISTAS DE CHANS"



Hoxe gozamos de novo con novas actuacións en bibliochans!
Esta vez con artistas de 4ºA, aínda que tivemos a ausencia de Nerea, que se puxo maliña pola maña, unha magoa!




En primeiro lugar actuaron Carolina e Lara, bailando a canción "De que che vale"



Por último, os "Parabens"  de Andrés co metalófono, acompañado coas voces dos "Roi ao cuadrado". 



Grazas a todos e todas, ata a próxima! 

jueves, 5 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS 2016

O escritor lucense Manuel María (Outeiro de Rei, 1929-A Coruña, 2004) é o autor homenaxeado no Día das Letras Galega no ano 2016.Manuel María ofrece un perfil moi enfocado á poesía, un eido no que está considerado unha voz fundamental na segunda metade do século XX, aínda que tamén cultivou outros xéneros, especialmente o teatro e as narracións infantís. Manuel María foi un activo promotor da cultura galega. Percorreu todo o país -así como a emigración- coa súa participación en recitais e charlas, tivo unha faceta de editor e tamén política, ámbito na que exerceu como concelleiro. Recursos educativos

martes, 3 de mayo de 2016

SEGUNDA ACTUACIÓN "ARTISTAS DE CHANS"

Xa podedes ver a segunda tanda das actuacións destes grandes artistas que temos na nosa escola. Aquí están as gravacións realizadas polo alumnado do obradoiro de xornalismo do pasado 29 de abril.




En primeiro lugar tendes a Paula e Laura de 4ºB que prepararon este baile da canción "Estou ledo".






A continuación gozamos co "Trombon Celtista de Roi González de 4ºA.








Por último, quedamos sorprendidos co grande talento de Paula de 3ºB, tanto coa súa voz como polo súa arte tocando a pandeireta.

Graciñas a todos e todas!