LETRAS GALEGAS


vídeos festivais, publicacións xornal escolar

miércoles, 13 de febrero de 2013

ENTROIDO 2013

Como xa comezamos co proxecto "Pingas en Chans", no entroido a temática iba sobre a auga. Mirade o guapos e guapas que estabamos e o ben que o pasamos!!



lunes, 11 de febrero de 2013

RECURSOS EN GALEGO

Neste blogue poderedes atopar moitos recusos en galego (cancións, actuacións, actividades, música, CDs...)




ORELLAPENDELLA

Esta páxina web pretende difundir a literatura popular infantil galega (cancións, lendas, poesías...)





jueves, 7 de febrero de 2013

ACTIVIDADES ENTROIDO




Pincha no enlace para aceder as actividades relacionadas co entroido da secretaría xeral de política lingüística

pincha aqui

OS MISTERIOS DA AUGA

Pinga e o Trasno Contacontos invítannos a resolver con eles os misterios que esconde a AUGA. Os encargados de resolver o primeiro son os nenos e nenas de INFANTIL de 3 anos... Serán capaces? seguro que si!! Estade pendentes do panel verde que hai na entrada da escola!! Cada semana haberá preguntas novas!

Tamén os podedes consultar no blogue no apartado "Os misterios da auga"






PINGAS DE PAZ

Aquí podedes ver a versión e adaptación da fermosa canción de Macaco que interpretaron os nenos e nenas de sexto de primaria o día da paz, "Mensaxes de auga", apoiados por toda a escola.


sábado, 2 de febrero de 2013

DÍA DA PAZ

XA COÑECEMOS A PINGA


E por fin, despois dunha longa espera, xa coñecemos a pinga gañadora de entre todas as que mestéstedes na caixa do correo do Trasno. A afortunada foi a pinga de Patricia Gradaille de 4ºB, unha pinga simpática e aventureira que nos vai acompañar na nosa viaxe polo mundo da auga. 

Pinga, benvida á escola de Chans!!

O TRASNO VISITA A ESCOLA NAS VACACIÓNS


O Trasno visitou a nosa escola durante as vacaciíons de Nadal e estivo a facer das súas!! Deixou a escola chea de pingas!! Por que sería?? Menos mal que nos deixou todo explicado na súa carta... Déixovola por se a queredes volver ler.






PINGAS EN CHANS

A nosa escola xa está chea de pingas, xa comezamos a nosa nova aventura


FALEMOS GALEGO

Aquí están os "slogans" que se poden ver pola nosa escola para fomentar o emprego da nosa lingua