LETRAS GALEGAS


vídeos festivais, publicacións xornal escolar

miércoles, 22 de marzo de 2023

Día da poesía - primavera 2023

 O 21 de marzo  celebramos o día da poesía e a chegada da primavera nun acto conxunto nos xardíns da escola. Cantamos á primavera, e inauguramos os nosos hortos con pareados escritos nunha táboa, que unha vez decorada colocámola  adornando os nosos bancais: "a horta desta escola é a horta que máis mola"





jueves, 9 de marzo de 2023

Día da muller 2023

O 8 de marzo, día internacional da muller, a escola de Chans tinxiuse de morado para  reivindicar que todas as mulleres do mundo  sexamos libres, felices e  ben valoradas 

Ogallá que este muro de igualdade que simbólicamente comezamos a construír , continúe medrando día a día. 

Podedes ver imaxes do acto "Construíndo igualdade" premendo na imaxe: