LETRAS GALEGAS


vídeos festivais, publicacións xornal escolar

lunes, 24 de febrero de 2014

DÍA DOS EMOCIONADOS

O pasado venres celebramos o día dos emocionados/as. Toda a escola participou nun xogo conxunto no que expresamos diferentes emocións, sentimentos, sensacións,...  coa expresión da nosa cara, tamén mediante os diferentes tipos de abrazos que aprendemos nas nosas aulas e que nos axudan a expresarnos!!!

Mirade que ben o pasamos!!


lunes, 3 de febrero de 2014

APERTAS POLA PAZ

Nestes días os nenos e nenas de Chans puxemos especial atención en dar e  recibir apertas : “apertas de oso, de meixela, apertas de grupo, apertas de corazón”... Sabiades que  todos precisamos  un mínimo  de catro apertas ao día para sentirnos ben?
As apertas son o mellor xeito  de expresar o que sentimos,  axúdannos a escorrentar  os nosos medos, alimentan os sentimentos de amor, son sans  gratificantes e…de balde.
Un abrazo ou unha aperta fai e di moitísimo. Abraza a teu amigo/a, abraza a teu ser querido, abraza aos teus nenos/as, abraza aos teus vellos, abraza a túa mascota, abraza a unha árbore, abrázao todo!