Os nenos e nenas do 1º, 2º e 3º ciclo participaron no Correlingua deste ano para defender a nosa lingua, camiñaron dende o Concello ata o parque de Castrelos e pasárono xenial!!
viernes, 24 de mayo de 2013
lunes, 20 de mayo de 2013
FESTIVAL LETRAS GALEGAS
O xoves 16 de maio celebramos na escola o Festival das Letras galegas 2013 para homenaxear ao dramaturgo compostelán Roberto Vidal Bolaño. Grazas a todos/as por deixar a vosa "Pinga" para que todo saíra así de ben!
Etiquetas:
festas,
fotos,
letras galegas,
video
sábado, 18 de mayo de 2013
ACUARIO DE CHANS
DÍA DO LIBRO 2013
Quedou incríble a torre de libros que fixemos entre toda a escola polo día do Libro! Xa atopaches o teu?
miércoles, 1 de mayo de 2013
O GALEGO NOUTROS MUNDOS
Fixádevos o ben que o pasa o alumnado da escola que realizou nestes días unha busca do tesouro coa exposición cedida polo servizo de normalización do concello de Vigo "O galego noutros mundos". Unha interesante exposición que amosa a universalidade da nosa lingua, nela poderedes descubrir moitas curiosidades do galego e a súa utilidade noutros lugares do mundo.
Apurádevos!!, aínda estades a tempo de visitala, xa queda pouco!!, pronto marchará a outro centro!!
Apurádevos!!, aínda estades a tempo de visitala, xa queda pouco!!, pronto marchará a outro centro!!
XOGOS POPULARES

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Nesta páxina da coordinadora galega dos equipos de dinamización da lingua galega atoparedes multitude de actividades e recursos en liña sobre Roberto Vidal Bolaño
No seguinte enlace atoparedes moitas actividades Lim para infantil e primaria sobre a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño creadas polo Seminario Galán
preme aquí

o autor homenaxeado polas letras galegas este 2013
Está é a páxina oficial de Roberto Vidal Bolaño con moita información de interese sobre a súa vida e obra
Suscribirse a:
Entradas (Atom)