Xa temos gañadores/as na XI edición do cuncurso de fotografía creativa. Noraboa a Indira e Elizabeth (de 5º e 4º de primaria), a Aldara (de 3º primaria) e a Pedro Gómez de 2º.
Grazas familias pola vosa participación
.
Xa temos gañadores/as na XI edición do cuncurso de fotografía creativa. Noraboa a Indira e Elizabeth (de 5º e 4º de primaria), a Aldara (de 3º primaria) e a Pedro Gómez de 2º.
Grazas familias pola vosa participación
Un ano máis temos a sorte de publicar o noso Faro da Escola, con este xa levamos 8 anos publicando as nosas noticias.
O Faro da Escola para o noso cole é moito maís que un periódico, é un medio onde poder expresar e compartir as nosas experiencias, inquedanzas, opinións....
Moitas grazas ao Faro de Vigo por promover esta iniciativa tan enriquecedora e gratificante.
Preme na imaxe se queres ler o xornal
O martes 16 de maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, a escola de Chans realizou as "Andainas por Bembrive". Todas as aulas foron dende a escola ata o Torreiro de Bembrive por diferentes roteiros. Alí xuntámonos todos e todas para merendar e festexar o día das nosas letras cun pequeno acto público en homenaxe ao escritor
Francisco Fernández del Riego.
Programa:
Aí vén o Maio... do alumnado de 3º B
Nenos e nenas de Chans
Prestade moita atención.
O noso maio os
presentamos
Mirádeo, mola un
montón.
Mirádeo, mola un
montón.
aquí chega o noso maio
de moitas flores
cuberto
que fixemos con moito amor.
Que fixemos con moito amor.
neste mes tan bonito
Da primavera que xa chegou
Aos nosos floridos xardíns.
Aos nosos floridos xardíns.
A primavera chegou
E agora ímonos a xantar
Que xa é hora de
merendar.
A 60 edición da celebración do Día das letras galegas rendirá homenaxe á figura de Francisco Fernández del Riego.
Podedes achegarvos a unha grande variedade de recursos premendo na imaxe:
O día 25 de abril o alumnado de 6º gozou dun día de convivencia cos nenos e nenas do CEIP Santa Mariña, o CEIP Carballal Cabral e o CEIP de Candeán, os centros adscritos ao IES Carlos Casares. Foi unha xornada moi completa con xogos cooperativos, roteiro pola senda do Eifonso e xantar na alameda de Bembrive.
Na semana do libro pódese visitar na biblioteca a exposición “O libro, o mellor invento do mundo”, realizada coa axuda do alumnado de 3ºB e o alumnado colaborador da biblioteca. Un percorrido pola evolución do libro, dende as táboas de arxila ata o “e-reader”.
O 21 de marzo celebramos o día da poesía e a chegada da primavera nun acto conxunto nos xardíns da escola. Cantamos á primavera, e inauguramos os nosos hortos con pareados escritos nunha táboa, que unha vez decorada colocámola adornando os nosos bancais: "a horta desta escola é a horta que máis mola"
O 8 de marzo, día internacional da muller, a escola de Chans tinxiuse de morado para reivindicar que todas as mulleres do mundo sexamos libres, felices e ben valoradas
Ogallá que este muro de igualdade que simbólicamente comezamos a construír , continúe medrando día a día.
Podedes ver imaxes do acto "Construíndo igualdade" premendo na imaxe:
O día 24 de febreiro, rendémoslle homenaxe á Rosalía de Castro, figura fundamental da cultura galega cun pequeno acto no que os nenos e nenas de 2º primaria nos achegaaron á vida desta escritora e ao poema "Adiós ríos, adiós fontes".
Preme na imaxe:
Iniciamos a semana do Entroido co meco
O 17 de febreiro celebramos o desfile do Entroido. A Comunidade educativa gozou da música, das comparsas e da troula do entroido temático: "Vai de inventos". Preme no vídeo.
O día 30 de xaneiro, día internacional da paz e non violencia, xuntámonos no patio para celebrar un acto conxunto baixo o lema: "Capaz coa paz".
Aquí están as distintas actividades que realizamos:
Queremos agradecer ás nosas familias que puideran contactar co Apalpador e conseguir que fixera unha paradiña no noso cole a pesar de todo o traballo que ten nestes días previos ao Nadal.
Grazas polo voso compromiso coa escola!
Bo Nadal!!
Preme na imaxe
O pasado 11 de novembro celebramos o Magosto na nosa marabillosa contorna.
Pasámolo xenial!