Fai uns días faleceu Xosé Niera Vilas, un escritor excepcional, un
galego singular.
A obra coa que se deu a coñecer entre os rapaces é Memorias
dun neno labrego, unha publicación clave da narrativa galega do XX. A obra máis
vendida e traducida da literatura galega de todos os tempos.
A novela de Neira Vilas é unha análise crítica da realidade
social da Galicia interior rural desde a óptica dun neno, o propio autor.
Esa frase que colocamos na cabeceira é o comezo do libro.
Unha frase que hoxe case todos os galegos poden recitar de memoria. Porque
todos somos Balbino
Pero os grandes escritores non morren, permanecen para
sempre entre nós da man dos seus libros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario