
Quique contounos o conto dos tres porquiños coa súa gran expresividade.

A nosa gran maga Ángela fixo aparecer e desaparecer un rato e un coello coa axuda da súa colaboradora Martina.

O mago Roi fixo un truco de cartas coa colaboración dos seus axudantes, Nathan e Xacobe. Non sabemos como, pero tiña unha carta que aparecía e desaparecía.
Por último, as nosas pequenas piratas repetiron o seu baile para todos os seus compañeiros e compañeiras de Infantil.
Moitas grazas a todos e todas os que participastes e tamén grazas ao público. Ide pensando a vosa actuación para o próximo curso. Estamos desexando ver de novo tanto talento.