A cor do Nadal é a cor da solidariedade e alegría. Aquí tendes un vídeo resumo das actuacións do Festival de Nadal celebardo o 21 de decembro de 2016. Grazas nenos e nenas por encher de luz e cor estas festas
lunes, 9 de enero de 2017
martes, 27 de diciembre de 2016
ALMANAQUE 2017: UN ANO DE CORES
O ano 2017 vai ser o ano de cores luminosas do cole Chans que encherán a nosa escola e as nosas vidas de enerxía e positividade.
Almanaque 2017
Almanaque 2017
miércoles, 14 de diciembre de 2016
AGALLASÁLLAME UNHA PALABRA
Como en Nadal a lista de agasallos se multiplican, o Trasno preséntavos unha nova proposta: Agasállame unha palabra!. Como sabedes este curso estamos metido xa de cheo nun novo proxecto chamando "Con ollos de Artista" co que pretendemos achegarnos ao mundo das artes e descubrir o artista que todos levamos dentro. Cada semana unha letra chegará a túa clase e o que tendes que facer é buscar unha palabra que comece por esa letra (que teña relación co mundo do arte) , definila e facer un debuxo. Podedes pedirlle ás vosas familias que colaboren con vos. Xa veredes cantas novas palabras coñecederes. Animádevos a participar!!
viernes, 11 de noviembre de 2016
MAGOSTO EN CHANS 2016
domingo, 6 de noviembre de 2016
FROITOS E FROITAS DO OUTONO
Coa chegada do Outono o vestibulo de Chans énchese de froitos e froitas de moitas cores e sabores.Podedes achegarvos a escola para visitar a exposición. Froitos de Outono
martes, 7 de junio de 2016
ÚLTIMAS ACTUACCIÓNS DOS ARTISTAS DE CHANS
Este curso rematan as actuacións dos/as nosos/as incribles artistas, pero non vos preocupedes, o próximo curso teremos máis.
Para rematar fixemos unhas actuacións no patio de Infantil, adicadas especialmente a todo o alumnado de Educación Infantil.
Quique contounos o conto dos tres porquiños coa súa gran expresividade.
Tamén tivemos unha maga e un mago.
A nosa gran maga Ángela fixo aparecer e desaparecer un rato e un coello coa axuda da súa colaboradora Martina.

O mago Roi fixo un truco de cartas coa colaboración dos seus axudantes, Nathan e Xacobe. Non sabemos como, pero tiña unha carta que aparecía e desaparecía.

Por último, as nosas pequenas piratas repetiron o seu baile para todos os seus compañeiros e compañeiras de Infantil.
Moitas grazas a todos e todas os que participastes e tamén grazas ao público. Ide pensando a vosa actuación para o próximo curso. Estamos desexando ver de novo tanto talento.
Para rematar fixemos unhas actuacións no patio de Infantil, adicadas especialmente a todo o alumnado de Educación Infantil.Quique contounos o conto dos tres porquiños coa súa gran expresividade.
Tamén tivemos unha maga e un mago.A nosa gran maga Ángela fixo aparecer e desaparecer un rato e un coello coa axuda da súa colaboradora Martina.

O mago Roi fixo un truco de cartas coa colaboración dos seus axudantes, Nathan e Xacobe. Non sabemos como, pero tiña unha carta que aparecía e desaparecía.
Por último, as nosas pequenas piratas repetiron o seu baile para todos os seus compañeiros e compañeiras de Infantil.
Moitas grazas a todos e todas os que participastes e tamén grazas ao público. Ide pensando a vosa actuación para o próximo curso. Estamos desexando ver de novo tanto talento.
Etiquetas:
artistas chans,
En chans contamos todos,
video
HOMENAXE A MANUEL MARÍA
O día 19 de maio, dentro da nosa programación habitual da semana das Letras Galegas fixemos un acto no centro de Mosteiro. Aquí podedes ver as actuacións na homenaxe que quixemos facerlle a Manuel María.
Etiquetas:
En chans contamos todos,
letras galegas,
Manuel María,
video
QUINTA ENTREGA DE "ARTISTAS DE CHANS"
Gozade coas actuacións dos artistas máis pequenos da escola pero cun grande talento todos e todas.
Aquí tendes o baile de Noa e Ainhoa coa súa moderna versión de "bailaches Carolina"
Xoan, Roi e Xacobe cantáronnos "A saia da Carolina"
Aquí temos a Lois, Nathan, Breixo e Dani que cantaron e bailaron o "rap da castaña".
Por último, Zoe, Edilawit e Carla, as piratas de Infantil, cantaron así de ben!
Aquí tendes o baile de Noa e Ainhoa coa súa moderna versión de "bailaches Carolina"
Xoan, Roi e Xacobe cantáronnos "A saia da Carolina" Aquí temos a Lois, Nathan, Breixo e Dani que cantaron e bailaron o "rap da castaña".
Por último, Zoe, Edilawit e Carla, as piratas de Infantil, cantaron así de ben!
NOVA ACTUACIÓN "ARTISTAS DE CHANS"
O pasado xoves 12 de maio tivemos novas actuacións en bibliochans.
Daniela e Carme coa súa creación en 3D da escola.
Esta vez si que puidemos gozar co talento de Nerea cantando "O gato metido nun saco" acompañada da pandeireta.
Por último, Sara, Lara e Candela acompañadas por Ana, a mestra de Música, cantando o bonito que é vivir en Vigo.
Daniela e Carme coa súa creación en 3D da escola.
Esta vez si que puidemos gozar co talento de Nerea cantando "O gato metido nun saco" acompañada da pandeireta.
Por último, Sara, Lara e Candela acompañadas por Ana, a mestra de Música, cantando o bonito que é vivir en Vigo.
Etiquetas:
artistas chans,
En chans contamos todos,
video
viernes, 6 de mayo de 2016
TERCEIRA ENTREGA "ARTISTAS DE CHANS"
Hoxe gozamos de novo con novas actuacións en bibliochans!
Esta vez con artistas de 4ºA, aínda que tivemos a ausencia de Nerea, que se puxo maliña pola maña, unha magoa!
En primeiro lugar actuaron Carolina e Lara, bailando a canción "De que che vale"
Etiquetas:
artistas chans,
En chans contamos todos,
video
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











